Área de identidade
Código(s) de referencia
Título
Data(s)
Nivel de descrición
Extensión e medio
Área de contexto
Nome do creador
Historia administrativa
O Consello da Cultura Galega é un órgano estatutario da Comunidade Autónoma de Galicia de carácter asesor e consultivo, que ten como finalidade promover, difundir, asesorar e preservar os valores culturais do pobo galego. Ten personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins, goza de total autonomía orgánica e funcional e actúa con independencia e obxectividade respecto dos poderes da comunidade autónoma e da súa Administración. A súa creación, no ano 1983, é orixinal no panorama autonómico, ao ser a única institución deste estilo que figura recollida nun Estatuto de autonomía (artigo 32).
Repositorio
Historia do arquivo
Fonte inmediata de adquisición ou transferencia
Área de contido e estrutura
Alcance e contido
O principal obxectivo do CDSG é participar, como axente activo, no proceso de normalización do idioma galego, propiciando o intercambio e difusión dos materiais xerados neste proceso e creando foros de debate e reflexión arredor da planificación lingüística en Galicia.
Como Arquivo de Planificación Lingüística, compilamos a documentación relacionada coa planificación tanto do galego como doutras linguas minorizadas con situacións sociolingüísticas semellantes á nosa. Como Centro de Documentación Sociolingüística, xestionamos a documentación e información que xera a planificación lingüística para que volva reverter nos diferentes axentes sociais implicados no proceso.
Estamos traballando na posta a disposición da Documentación especial do CDSG, que reúne mostras das valiosas iniciativas que conforman o noso patrimonio sociolingüístico. Podes atopar máis información aquí: https://consellodacultura.gal/paxina.php?id=8476
Valorización, destrución e programación
Acumulacións
Sistema de arranxo
Área de condicións de acceso e uso
Condicións que rexen o acceso
Consulta en sala con cita previa.
As solicitudes de acceso á documentación especial atenderanse nun prazo máximo de 5 días laborables. No momento da solicitude, o persoal do centro indicará o día en que o material requirido estará dispoñible para a súa consulta na sala ou vía telemática.
Localización:
Cidade da Cultura de Galicia
Edificio da Biblioteca de Galicia, 1º andar
Monte Gaiás, s/n
15702 Santiago de Compostela
cdsg@consellodacultura.gal
Tel.:+34 881 995 146 / +34 881 995 142
Páxina web: http://consellodacultura.gal/cdsg/