España

Taxonomía

Código

Nota(s) de alcance

Nota(s) de fonte

Nota(s) de despregue

Termos equivalentes

España

Termos asociados

España

227 Descrición arquivística resultados para España

Só resultados directamente relacionados

Club Hispano de Toronto

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Estatutos renovados (28/09/1991)
Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"
Convite á "Fiesta de Castilla-León" (23/04/2005)
Convite á "Fiesta de Aragón" (08/10/2005)
Programa dun espectáculo de ballet
Boletín "Hispano"
Boletín "Club Hispano"
Boletín "Noticiero Mensual del Club Hispano"

Club Hispano de Toronto

Memoria do ano 1917-1918

Edición facsimilar da memoria do ano 1917-1918 da sociedade "Casa de España en Santo Domingo" publicada pola Fundación García Arévalo, Inc. en 1987, no momento de cumplirse o seu 70º aniversario. Inclúe o traballo de Manuel A. García Arévalo "La inmigración española y la fundación de la Casa de España en Santo Domingo".

Casa de España en Santo Domingo

Correo de España : Semanario de la colonia española

Esta publicación foi editada polo Centro Español de Costa Rica para informar á colectividade española alí asentada sobre as noticias que acontecían en España e en todo o mundo (por países) (coas seccións «Noticias de Europa», «América Latina», «Política española», «España. Noticias generales»). Na portada de moitos números aparecen reproducións de monumentos arquitectónicos españois ou de destacados políticos ou prohomes da colectividade; aparecen tamén noticias sobre escritores e actos culturais. Hai que destacar o número extraordinario correspondente ao 12 de outubro de 1908 dedicado á figura de Cristóbal Colón e ao descubrimento de América. Teñen como lema da publicación «Fundado para estrechar los lazos que unen a ambos países».

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1908: n. 1-12; 14-18; 20-33
1909: 34-73; 75-76

Centro Español de Costa Rica

Noticias de la Bene : Revista oficial de la Asociación Española de Beneficencia de Guatemala

Esta revista foi editada para informar aos socios e á colectividade española residente en Guatemala, da vida societaria e das súas actividades sociais. Contan con diversas seccións como «Casas Regionales» onde salientan as actividades dos emigrantes de cada comunidade española residente no país; «Sanatorio El Pilar» con artigos médicos e tratamentos que se poden realizar no seu hospital; «Prensa española» onde reproducen noticias de España; «Nuestra gente», con información social, etc.

Número conservado en formato papel:

1999: n. 103

Asociación española de beneficencia - Centro Español de Guatemala

Revista Cultural

Esta revista cultural foi editada polo Centro Cultural Español de Medellín para informar aos seus socios das actividades do centro e da colectividade española asentada no país na sección «España en Medellín». Conta tamén con numerosos artigos de carácter histórico das relacións entre España e América e tamén da cooperación actual entre ambos («España y América» e «Ensayos y Estudios», «Colombia y España»). Aparecen ademais noticias culturais, información sobre libros e conferencias, etc.

Número conservado en formato papel:

1983: n. 1

Centro cultural español de Medellín

Resultados 1 a 20 de 227