Este boletín foi creado pola Agrupación Galaica, o sector máis nacionalista dentro dos diversos grupos que integran a Hermandad Gallega de Venezuela, para informar sobre as actividades, programas e opinións deste grupo. Complementa esta información con diversas achegas sobre a cultura galega, principalmente notas biográficas de galegos ilustres.
Esta publicación societaria está editada para informar das actividades desenvolvidas pola entidade editora Aparecen os feitos máis salientables da vida societaria (directiva, comités, comisións para accións concretas, movemento de socios, balances económicos, etc.). Contén ademais algúns artigos, opinións e traballos sobre Galicia e a súa cultura, economía e historia.
Boletín Informativo que a Secretaría de Cultura da Federación de Centros Españoles de Venezuela (FECEVE) comeza a publicar en xaneiro de 1986, dirixida a todos os centros españois de Venezuela como "medio eficaz de conocernos más, de valorarnos más, de entendernos más y de querernos más".
Boletín que comezou a súa andadura en abril de 1996 co obxectivo de informar á colectividade das xestións e plantexamentos da Xunta Directiva da "Hermandad Gallega de Venezuela" durante o seu período de goberno.
Este boletín está editado polo Centro Universitario Iberoamericano para informar aos seus alumnos das actividades que se organizan e neste número en concreto, da viaxe realizada polos seus alumnos a España, dos cursos que poden realizar, etc.
Nesta publicación aparece a reprodución de contos destinados aos socios do Centro Galego de Marsella menores de 14 anos, para fomentar o hábito da lectura e a adquisición de pautas de conduta correctas.
Calendario galego do ano 1981 editado pola asociación Galiza Hoxe, con ilustracións de Castelao e referencia a acontecementos políticos relativos a persoeiros galegos, conservado en formato papel.
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1920-1958) Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1958-1960) Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais (1920-1985) Regulamento (1926)
Conservada en formato dixital:
Libro de rexistro de socios (1925-1985) 3 recibos 3 modelos de recibos Contrato de arrendamento para a instalación da secretaría da sociedade no Centro Gallego da Habana 2 fotografías
Calo y Viduido. Sociedad de instrucción, recreo y socorros mutuos
Carnés de asociados do "Centro Gallego de La Habana" conservados en formato dixital. Dous pertencen ao antigo Presidente da sociedade "El Valle de Lemos", Eladio Vázquez Nieto.
El Valle de Lemos, Sociedad de instrucción, protección y recreo
Manifesto do Comité da sociedade Galicia Hoxe manifestando o seu rexeitamento ás trabas impostas á participación dos emigrantes galegos en Suiza no referendum sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia do 21 de decembro, conservado en formato papel.
Carta enviada aos consocios da Casa de Galicia de París o 27/01/1970, para convidalos á Asemblea Xeral do día 22 de febreiro na que, entre outros puntos, se elixirá unha comisión revisora de contas e os postos da xunta directiva vacantes, conservada en formato papel (fotocopia).
Carta do Presidente da Asociación, Dalmiro Blanco Lage, enviada o 15/05/2000 ao Consello da Cultura Galega, coa composición da directiva para o bienio 2000-2002, conservada en formato papel (fotocopias).
Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago
Carta do Presidente da Asociación, Dalmiro Blanco Lage, enviada o 06/06/2002 ao Consello da Cultura Galega, coa composición da directiva para o bienio 2002-2004, conservada en formato papel (fotocopias).
Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago