Centro Galicia de Buenos Aires

Área de identidade

Tipo de entidade

Entidade colectiva

Forma(s) autorizada(s) do nome

Centro Galicia de Buenos Aires

Forma(s) paralea(s) do nome

  • Centro Galicia de Buenos Aires, cultural, social y deportiva
  • Relacionar con: Centro Coruñés
  • Relacionar con: Centro Orensano
  • Relacionar con: Centro Pontevedrés
  • Relacionar con: Centro Lucense
  • Relacionar con: Asociación Gallega de Buenos Aires, integrada polos antigos Centro Coruñés e Centro Pontevedrés

Forma(s) normalizada do nome, dacordo a outras regras

Outra(s) forma(s) de nome

Identificadores para institucións

Área de descrición

Datas de existencia

1979-07-25 ata a actualidade.

Historia

Este centro xurde tras a fusión do "Centro Lucense", "Centro Orensano", "Centro Coruñés" e "Centro Pontevedrés". No mes de decembro de 1978, reuníronse na sede do "Centro Lucense" representantes do "Centro Orensano" e da "Asociación Gallega de Buenos Aires", para eleborar un proxecto de creación dunha nova institución con basamento nas catro entidades provinciais galegas de maior arraigo na cidade. O seu obxectivo principal que os unía era preservar para o futuro da comunidade galega os patrimonios físicos, humanos e culturais que posuía cada entidade. Cabe dicir que "Asociación Gallega" era unha nacente entidade, formada polos "Centro Coruñés" e "Pontevedrés", aínda que sempre aparecen estas entidades como co-fundadoras do Centro Galicia de Buenos Aires.
Despois de varios meses de deliberacións aproban oficialmente a fusión o 25 de xullo de 1979, sendo Darío Lamazares, primeiro presidente e impulsor da fusión dos diversos centros.
A Comisión plenaria pro-fusión estaba integrada polos seguintes directivos: presidente, Darío Lamazares (Centro Lucense); vicepresidente, Antonio Gómez (Centro Orensano); secretario, Luis A. Fontoira (Asociación Gallega); prosecretario, Vicente Velasco (Asociación Gallega); secretario de Actas, Benito Fernández Cid (Centro Orensano); prosecretario de actas, Arturo Naval (Centro Orensano); vogais: Alvaro Campos Alonso (Asociación Gallega), José Caneda (Asociación Gallega), Gabriel López Penelo (Centro Lucense), José López Pin (Centro Lucense), Manuel Martínez Lamela (Centro Lucense), José Mª Vila Alen (Centro Lucense), Reinaldo Pelayo Soto (Centro Orensano), Rafael Gil Malvido (Centro Orensano) e Antonio Rodiño (Asociación Gallega).
A cuestión do nome da nova entidade foi un novo problema; nun primeiro momento se decidira chamala "Club Gallego de Buenos Aires, cultural, social e deportivo", pero finalmente a comisión plenaria aprobou por unanimidade a denominación de Centro Galicia.
Nos seus primeiros Estatutos (1980) aparecen especificados os seus fins: "a) propiciar e facilitar o coñecemento da historia, costumes e cultura da República, difundir os principios da súa constitución, manter e acrecentar o seu sano patriotismo e amor á nacionalidade e o respecto polas institucións que a rexen; b) contribuír ao estudo, coñecemento e difusión da historia, da cultura e dos costumes de Galicia e dos demais elementos esenciais que fan a vida do seu pobo, espiritual e etnicamente diferenciado; c) crear e soster un centro de estudos que na súa amplitude abrangue a maior cantidade de disciplinas e actividades desde a etapa infantil ata alcanzar o nivel universitario, impulsando o estudio de todo o que teña que ver co mellor coñecemento de Galicia, en todos os seus aspectos dentro do contexto do acervo cultural e espiritual dos pobos ibéricos; d) realizar actos culturais, artísticos, recreativos e de calquera outra índole para o logros dos fins mencionados; e) crear unha biblioteca, editar unha publicación periódica informativa e de divulgación cultural; f) manter permanentemente vivo o recordo dos costumes e tradicións que forman parte do acervo cultural da Arxentina e de Galicia, cultivandoas e facéndoas coñecer a traves de conxuntos folclóricos e costumbristas; g) fomentar o turismo ao interior e exterior do país, organizando todo tipo de excursións; h) crear e manter un departamento deportivo, para que contribuíse ao melloramento físico e espiritual, realizar concursos e torneos, dende xogos de salón ata os da actividade ao aire libre, sen carácter profesional; i) outorgar premios, acordar bolsas nos diferentes aspectos que contempla o seu facer xeral; k) dispoñer a súa axuda, orientación ou consello aos galegos emigrantes, propender a que se integren dentro do seo da nosa colectividade e procurar que se adapten ao medio social arxentino no que deberán actuar e convivir; l) xestionar e facilitar o ingreso a este centro das entidades galegas que sexan solidarias cos seus principios e persigan os mesmos fins".
Esta asociación celebra habitualmente as festividades tradicionais galegas ademais de numerosos actos culturais como ciclos de conferencias, representacións teatrais, exposicións, concertos, seminarios e cursos. Conta ademais cunha escola de baile folclórico gallego e español, e de música, gaita e guitarra. Ten un coro integrado polos seus socios denominado "Rosalía de Castro".
Teñen tamén grande importancia as actividades deportivo-recreativas pois defenden "o uso do deporte como vehículo de integración e unión de todos os galegos" cun destacado labor educativo con escolas de tenis, patin-show, bowling, natación, baloncesto, balonbolea, futbol, bolo celta, ioga, etc. Organiza colonias de vacacións durante o verán para os nenos de 4 a 14 anos no seu campo deportivo "Los Olivos".
A comisión de cultura da entidade colabora coa emisión de diversos programas de radio para promocionar Galicia e a súa cultura: "Recorrendo España" en Radio Splendid; "Galicia Hoxe" en Radio Colonia; "La Oreja" en Radio Ribadavia; "La Voz Española" en Radio Argentina. Radio interna "Pentagrama informativo".
Edita a revista "Mundo Gallego" como órgano de información da sociedade, cunha tirada de 25.000 exemplares de distribución gratuíta cada dous meses; e unha guía de actividades do centro, mensual, con información xeral para todos os socios.

Lugares

América
Arxentina
Bos Aires

Estatuto xurídico

Asociación civil de emigrantes

Funcións, ocupacións e actividades

Culturais, recreativas e deportivas

Mandatos/fontes de autoridade

Estructura/xenealoxía interna

Contexto xeral

Área de relacións

Entidade relacionada

Centro Lucense de Buenos Aires (1943-01-09 ata 1979-07-25, data da fusión dos centros provinciais nunha nova entidade chamada Centro Galicia de Buenos Aires)

Identificador da entidade relacionada

AE-AR-CLuc

Categoría da relación

asociativo

Datas da relación

1979-07-25

Descrición da relación

Fusión das catro entidades provinciais galegas en Buenos Aires para dar lugar a esta nova sociedade

Entidade relacionada

Centro Coruñés de Buenos Aires (1943 - 1979, ano no que se fusiona cos outros centros provinciais e crean o Centro Galicia, existente na actualidade)

Identificador da entidade relacionada

AE-AR-CCoru

Categoría da relación

asociativo

Datas da relación

1979-07-25

Descrición da relación

Fusión das catro entidades provinciais galegas en Buenos Aires para dar lugar a esta nova sociedade

Entidade relacionada

Centro Pontevedrés de Buenos Aires (1942-03-14 ata 1974-02-24, ano que se fusiona co Centro Coruñés, creando a Asociación Gallega de Buenos Aires. En 1979 hai unha nova fusión entre todos os centros provinciais galegos en Buenos Aires e créase o Centro Galicia de Buenos Aire)

Identificador da entidade relacionada

AE-AR-CPont

Categoría da relación

asociativo

Datas da relación

1979-07-25

Descrición da relación

Fusión das catro entidades provinciais galegas en Buenos Aires para dar lugar a esta nova sociedade

Entidade relacionada

Centro Orensano de Buenos Aires (1941-01-25 ata 1979-07-25, ano que se fusionaron todos os centros provinciais e crearon o Centro Galicia de Buenos Aires)

Identificador da entidade relacionada

AE-AR-COr

Categoría da relación

asociativo

Datas da relación

1979-05-27

Descrición da relación

Fusión das catro entidades provinciais galegas en Buenos Aires para dar lugar a esta nova sociedade

Access points area

Materias

Lugares

Occupations

Área de control

Identificador do rexistro de autoridade

AE-AR-CGal

Identificador da institución

ES GA 15078 ACCG

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación, revisión ou eliminación

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Bases de datos do AEG

Notas de mantemento

  • Portapapeis

  • Exportar

  • EAC

Materias relacionadas

Lugares relacionados