Área de identidad
Código de referencia
Título
Fecha(s)
- 1993 - (Creación)
Nivel de descripción
Volumen y soporte
1 revista
Área de contexto
Nombre del productor
Historia administrativa
A Federación de Sociedades Galegas na Suiza (FSGS) creouse na cidade suíza de Olten en novembro do ano 1980. O seu propósito era agrupar a maior cantidade posible de centros galegos e obter así a forza necesaria para unha mellor defensa dos “intereses que lles son propios”.
As 10 sociedades constituíntes foron:
- A Nosa Galiza (Xenebra)
- Centro Peña Galega (Lausanne)
- Irmandade Galega na Suiza (Xenebra)
- Peña Galega (Le Sentier)
- Centro Galego (Sión)
- Centro Galego (Val do Rhin)
- Sociedade Galega Sementeira (Basilea)
- Promoción da Cultura Galega (Zürich)
- Casa de Galicia (Martigny)
- A Nosa Casa Galiza (Berna)
A composición da FSGS sufriu variacións ó longo da súa existencia, xa que algúns centros desapareceron e tamén se produciron altas e baixas. Asimismo, formaron parte da Federación o: Centro Galego (Lausanne), Centro Galicia (Olten), Centro Galego (Lucerna), Grupo Galego (Aarau), Centro Galego A Nosa Terra (Zug), Centro Galego (Berna), Galicia Hoxe (Xenebra) e Promoción da Cultura Galega (Lausanne), entre outros.
Nos seus primeiros Estatutos, redactados en galego e aprobados o 26/05/1985, constituíron a sede social na rúa de la Servette, nº 91 da cidade de Xenebra. En 1989 e durante a celebración do IV Congreso da Federación modificaron os Estatutos iniciais logo das experiencias organizativas e de funcionamento verificadas desde a súa fundación. Unha modificación importante refírese precisamente á ubicación do domicilio que será no domicilio da sociedade que neses momentos lles corresponda á Secretaría da Federación.
Os obxectivos polos que foi creada a FSGS son:
- Defende-los “valores históricos” de Galicia, a lingua, a cultura, o arte e o folclore.
- Lograr un maior achegamento e unión de tódolos centros galegos da Suíza.
- Reforzar as relacións coas demais asociacións galegas e non galegas.
- Defender os dereitos do emigrante e tratar de mellorar as súas condicións de vida.
Segundo o art. 6 dos Estatutos, a FSGS realizará as seguintes actividades:
- Estudios e publicacións sobre cuestións da cultura galega e do asociacionismo cultural.
- Elaborar proxectos para a solución dos problemas plantexados polas entidades federadas.
- Fomentar a creación de sociedades culturais.
- Organizar congresos, seminarios, conferencias, coloquios, cursos...
- Realizar e promover actividades culturais, deportivas e recreativas.
No ano 1993 publican o primeiro número da revista “Diáspora”, que recolle artigos culturais de interese así como un resumo das actividades previstas a desenvolver no seo da Federación. Tamén dá conta da incorporación á Federación do Centro Galego de Zug “A Nosa Terra” e especifican que nese momento eran 12 os centros asociados.
Cada ano organizan actos con motivo do Día das Letras Galegas e do Día da Patria Galega e unhas xornadas culturais no mes de outubro.
Institución archivística
Historia archivística
Origen del ingreso o transferencia
Área de contenido y estructura
Alcance y contenido
Esta revista societaria foi editada para informar da situación da colectividade galega e particularmente das entidades federadas (historia, actividades, congresos, etc.). Conceden unha especial atención aos temas de Galicia, así o primeiro número está dedicado a Eduardo Blanco Amor, mentres que o número dous contén diversos artigos sobre a emigración reproducidos de «A Nosa Terra». Outros traballos versan sobre a situación da lingua galega, o sindicalismo, a crise laboral en Suíza, as pensións para os emigrantes, etc. Completan a publicación páxinas de pasatempos.
Números conservados en formato papel:
1993: n. 1 (fotocopias)
1997: n. 2
1999: n. 3
2004: n. 4
2005: n. 5
2006: n. 6
Valorización, destrucción y programación
Acumulaciones
Aberto a novos ingresos
Sistema de arreglo
Área de condiciones de acceso y uso
Condiciones de acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Condiciones
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Idioma del material
gallego
Escritura del material
latín
Notas sobre las lenguas y escrituras
Características físicas y requisitos técnicos
Instrumentos de descripción
Área de materiales relacionados
Existencia y localización de originales
Biblioteca da Real Academia Galega
Existencia y localización de copias
Unidades de descripción relacionadas
Área de notas
Notas
Doazón da Consellería de Emigración
Identificador/es alternativo(os)
Puntos de acceso
Puntos de acceso por materia
Puntos de acceso por autoridad
Tipo de puntos de acceso
Área de control de la descripción
Identificador de la descripción
Identificador de la institución
Reglas y/o convenciones usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Fechas de creación revisión eliminación
Creado por Adriana Cousillas o 22/07/2019
Idioma(s)
gallego
Escritura(s)
latín