Área de identidad
Código de referencia
Título
Fecha(s)
- 1981 - (Creación)
Nivel de descripción
Volumen y soporte
11 programas
Área de contexto
Nombre del productor
Historia administrativa
A Federación de Sociedades Galegas na Suiza (FSGS) creouse na cidade suíza de Olten en novembro do ano 1980. O seu propósito era agrupar a maior cantidade posible de centros galegos e obter así a forza necesaria para unha mellor defensa dos “intereses que lles son propios”.
As 10 sociedades constituíntes foron:
- A Nosa Galiza (Xenebra)
- Centro Peña Galega (Lausanne)
- Irmandade Galega na Suiza (Xenebra)
- Peña Galega (Le Sentier)
- Centro Galego (Sión)
- Centro Galego (Val do Rhin)
- Sociedade Galega Sementeira (Basilea)
- Promoción da Cultura Galega (Zürich)
- Casa de Galicia (Martigny)
- A Nosa Casa Galiza (Berna)
A composición da FSGS sufriu variacións ó longo da súa existencia, xa que algúns centros desapareceron e tamén se produciron altas e baixas. Asimismo, formaron parte da Federación o: Centro Galego (Lausanne), Centro Galicia (Olten), Centro Galego (Lucerna), Grupo Galego (Aarau), Centro Galego A Nosa Terra (Zug), Centro Galego (Berna), Galicia Hoxe (Xenebra) e Promoción da Cultura Galega (Lausanne), entre outros.
Nos seus primeiros Estatutos, redactados en galego e aprobados o 26/05/1985, constituíron a sede social na rúa de la Servette, nº 91 da cidade de Xenebra. En 1989 e durante a celebración do IV Congreso da Federación modificaron os Estatutos iniciais logo das experiencias organizativas e de funcionamento verificadas desde a súa fundación. Unha modificación importante refírese precisamente á ubicación do domicilio que será no domicilio da sociedade que neses momentos lles corresponda á Secretaría da Federación.
Os obxectivos polos que foi creada a FSGS son:
- Defende-los “valores históricos” de Galicia, a lingua, a cultura, o arte e o folclore.
- Lograr un maior achegamento e unión de tódolos centros galegos da Suíza.
- Reforzar as relacións coas demais asociacións galegas e non galegas.
- Defender os dereitos do emigrante e tratar de mellorar as súas condicións de vida.
Segundo o art. 6 dos Estatutos, a FSGS realizará as seguintes actividades:
- Estudios e publicacións sobre cuestións da cultura galega e do asociacionismo cultural.
- Elaborar proxectos para a solución dos problemas plantexados polas entidades federadas.
- Fomentar a creación de sociedades culturais.
- Organizar congresos, seminarios, conferencias, coloquios, cursos...
- Realizar e promover actividades culturais, deportivas e recreativas.
No ano 1993 publican o primeiro número da revista “Diáspora”, que recolle artigos culturais de interese así como un resumo das actividades previstas a desenvolver no seo da Federación. Tamén dá conta da incorporación á Federación do Centro Galego de Zug “A Nosa Terra” e especifican que nese momento eran 12 os centros asociados.
Cada ano organizan actos con motivo do Día das Letras Galegas e do Día da Patria Galega e unhas xornadas culturais no mes de outubro.
Institución archivística
Historia archivística
Origen del ingreso o transferencia
Área de contenido y estructura
Alcance y contenido
Folletos cos programas de actividades culturais organizadas pola Federación de Sociedades Galegas na Suiza, conservados en formato papel:
- Folleto do I Día de Galicia en Suiza (04-05/07/1981)
- Folleto: Arte e cultura de Galicia (05/1983)
- Folleto da representación do "Ballet Gallego Rey de Viana" (21/05/1983) dentro do ciclo Arte e cultura de Galicia (05/1983)
- Folleto e folla voandeira do Día de Galicia en Suiza (05/1985)
- Políptico: Arte e cultura da Galiza (05/1986)
- Díptico do Día das Letras Galegas, Arte e Cultura da Galiza (05/1986)
- Díptico co dossier de prensa do programa Arte e cultura da Galiza e do grupo Milladoiro (05/1986)
- Folleto do Día das Letras Galegas, Arte e Cultura de Galiza (04-12/1987)
- Folleto do Día das Letras Galegas (05/1988)
- Folleto do Día da Patria Galega (23-24/06/1990)
Valorización, destrucción y programación
Acumulaciones
Aberto a novos ingresos
Sistema de arreglo
Área de condiciones de acceso y uso
Condiciones de acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Condiciones
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Idioma del material
alemán
español
francés
gallego
Escritura del material
latín
Notas sobre las lenguas y escrituras
Características físicas y requisitos técnicos
Instrumentos de descripción
Área de materiales relacionados
Existencia y localización de originales
A propia institución e Arquivo da Emigración Galega - CdC
Existencia y localización de copias
Unidades de descripción relacionadas
Área de notas
Notas
O AEG conserva dous exemplares idénticos do folleto "Arte e cultura de Galicia" (05/1983)
O AEG conserva tres exemplares idénticos do folleto "Letras Galegas, Arte e Cultura de Galiza" (04-12/1987)
Identificador/es alternativo(os)
Puntos de acceso
Puntos de acceso por materia
- ARTE E HISTORIA » Migracións » Emigración galega
- ACONTECEMENTOS/ ESPAZOS/ EVENTOS » Centros galegos
- TIPOS DE DOCUMENTOS » Folletos
- TIPOS DE DOCUMENTOS » Programas
- CULTURA » Cultura galega
- LINGUA E LITERATURA » Literatura » Literatura galega
- LINGUA E LITERATURA » Lingua » Galego
- ARTE E HISTORIA » Arte » Artes escénicas » Música
- CULTURA » Patrimonio cultural » Patrimonio inmaterial » Folclore
Puntos de acceso por autoridad
Tipo de puntos de acceso
Área de control de la descripción
Identificador de la descripción
Identificador de la institución
Reglas y/o convenciones usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Fechas de creación revisión eliminación
Creado por Adriana Cousillas o 19/07/2019
Idioma(s)
gallego
Escritura(s)
latín