Identity area
Reference code
Title
Date(s)
- 1885 - (Creation)
Level of description
Extent and medium
1 cartafol con Estatutos e 1 publicación societaria
Context area
Name of creator
Administrative history
A Sociedad Española de Beneficencia de Panamá foi creada en 1885, nunha reunión doa colectividade española residente na cidade, e baixo a presidentcia José Mª Fernández. Foi a sociedade de emigrantes máis antiga no país, aínda cando Panamá formaba parte de Colombia e tivo unha grande influencia e foi referente para todas as entidades de emigrantes creadas despois.
O seu obxectivo principal foi sempre a beneficencia, o socorro e auxilio a todos os seus socios. Naceu como unha institución sen ánimo de lucro que tiña como fin último fomentar a unión entre os españois e os seus descendentes. Isto foi o que conseguíu en todos os anos de existencia: converteuse nun aglutinador que favorecía o proceso de integración dos emigrantes no novo país de acollida.
Nos primeiros anos de existencia houbo un debate entre os socios sobre si primar o aspecto benéfico e mutualista e outros que querían destacar os fins recreativos. Produto destas disensión foi a primeira escisión de socios que crearon o Centro Español de Panamá. Anos máis tarde, coa guerra civil, tamén houbo enfrontamentos enre partidarios da República e os franquistas, que derivarían na fundación doutro centro ao marxe da sociedae que se pasaría a chamar, “Club Deportivo Unión Española” (1962).
A sociedade durante os seus primeiros 27 anos de vida foi eminentemente benéfica, actividade ao que co tempo se foron unindo actividades culturais e recreativas. Así aparece no seu primeiro regulamento, no artigo 2: “ El objero de la sociedad es:
- Socorrer a todo individuo que forme parte de ella y que hallándose enfermo, sin recursos, reclame sus auxilios para curarse, atendiendo a los gastos de su entierro, si falleciera, sin dejar con qué hacerlo.
- Favorecer en cuanto sea posible a todo español que habiendo pertenecido a la sociedad, mientras se lo permitieron sus recursos, se hallase sin medios de subsistencia e imposibilitado de procurársela por el mal estado de salud.
- Socorrer a las viudad y huérfanos de los españoles que hayan pertenecido a la sociedad, siempre que carezcan de recursos para su sustento diario
- Auxiliar a los españoles, no socios, residentes o transeúntes, siempre que comprueben estar necesitados.
De 1885 ata 1912 a SEB estivo situada en locais alugados do barrio de Santa Ana, da capital panameña pero nese ano se instala na Avenida Central, nun edificio da súa propiedade. En 1960 trasládase á Vía España onde estaría ata 1975, ano no que se ubican na urbanización La Loma, na zona de Hato Pintado.
A partir de 1965, tras anos convulsos por disensións entre varias faccións dos socios, a institución se estabiliza e deriva as súas actividades máis ao recreo que á beneficencia, perdendo a súa identidade inicial. O cambio social e económico tanto do país como da colectividade emigrante, provoca que a beneficencia sexa un aspecto residual, destinada ás doazóns ao Asilo de anciáns e á Escuela España de Natá de los Caballeros. En febreiro de 1975 aproba uns novos estatutos nos que aparecen as finalidades principais: - Fomentar a unión entre os españois e os seus descendentes residentes no territorio da república
- Estreitar os vínculos de amizade entre panameños e españois
- Impulsar a cultura en xeral ampliando e extendendo as súas actividades e enaltecendo os seus valores fundamentais
- O recreo, estimulando toda clase de diversións e entretementos
- A beneficencia, que se exercerá nos seus aspectos pertinentes
Repository
Archival history
Immediate source of acquisition or transfer
Content and structure area
Scope and content
Este fondo contén a seguinte documentación:
Conservada en formato papel:
Estatutos (1991)
Publicación societaria
Appraisal, destruction and scheduling
Accruals
Aberto a novos ingresos
System of arrangement
Conditions of access and use area
Conditions governing access
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Conditions governing reproduction
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Language of material
Spanish
Script of material
Latin
Language and script notes
Physical characteristics and technical requirements
Finding aids
Allied materials area
Existence and location of originals
A propia institución e Arquivo da Emigración Galega - CdC
Existence and location of copies
Related units of description
Notes area
Alternative identifier(s)
Access points
Subject access points
Place access points
- Europa » España
- América » América Central » Panamá
Name access points
Genre access points
Description control area
Description identifier
Institution identifier
Rules and/or conventions used
NOGADA
Status
Level of detail
Dates of creation revision deletion
Creado por Adriana Cousillas o 16/04/2019
Language(s)
Galician
Script(s)
Latin