Identity area
Reference code
Title
Date(s)
- 1939-1941 (Creation)
Level of description
Extent and medium
1 rollo de microfilme
Context area
Name of creator
Administrative history
Esta sociedade foi creada a comezos de 1932, tras a fusión da "Sociedad cultural de la Carballeira", creada no ano 1917, e a "Sociedad de Nogueira de Ramuín", creada o 4 de xullo de 1931. Esta última fora fundada pola separación dun grupo de socios do Centro Nogueira de Ramuín, que xa existía en Bos Aires dende 1918; estes socios, comandados por Antonio Alonso, Enrique Soto Fernández, Claudio Fernández, Luis Guede, Angel R. Barbato, Antonio Devito, José Soto Fernández, entre outros, eran contrarios á política da entidade con respecto á Federación de Sociedades Gallegas.
Unha das condicións da fusión de ambas as entidades, creadas polos emigrantes do concello ourensán de Nogueira de Ramuín residentes en Arxentina, foi que se mantivese como unha das súas finalidades a construción da casa-escola na Carballeira. Ademais tiñan obxectivos mutualistas e culturais.
En 1934 organizan unha velada musical a total beneficio desta edificación escolar e en 1935 un dos membros da directiva, Claudio Fernández, foi enviado a Galicia para axilizar as obras.
Esta sociedade manifestouse totalmente favorable ao bando republicano. Creou o Comité de Nogueira de Ramuín de Ayuda al Frente Popular Español e enviou varias doazóns económicas para a República.
Tras o triunfo franquista, a idea imperante na Federación e na colectividade galega residente en Arxentina era a unión entre as sociedades afíns, para conseguir maiores logros sociais e superar o microasociacionismo existente. Tras numerosas reunións, o 25 de xaneiro de 1941 prodúcese a fusión das sociedades ourensás de Bos Aires, Centro Nogueira de Ramuín, Sociedad Cultural Nogueira de Ramuín (unificada con Carballeira), Hijos del Ayuntamiento de Pereiro de Aguiar e Sociedad Cultural y Recreativa del Ayuntamiento de Esgos. Constituirase unha nova entidade baixo o nome de Centro Orensano de Buenos Aires.
Repository
Archival history
Immediate source of acquisition or transfer
Content and structure area
Scope and content
Libro de actas das reunións da Comisión Directiva da "Sociedad cultural Nogueira de Ramuín (unificada con Carballeira)", conservado en formato microfilme:
- 1939: 16 decembro: n. 210
- 1940: 13 xaneiro: n. 211, 20 xaneiro: n. 212, 1 febreiro: n. 213, 17 febreiro: n. 214, 2 marzo: n. 215, 16 marzo: n. 216, 6 abril: n. 217, 20 abril: n. 218, 4 maio: n. 219, 18 maio: n. 220, 8 xuño: n. 221, 22 xuño: n. 222, 7 xullo: n. 223, 24 agosto: n. 227, 7 setembro: n. 228, 21 setembro: n. 229, 5 outubro: n. 230, 19 outubro: n. 231, 2 novembro: n. 232, 16 novembro: n. 233, 7 decembro: n. 234, 21 decembro: n. 235
- 1941: 4 xaneiro: n. 236, 18 xaneiro: n. 237, 1 febreiro: n. 238
Appraisal, destruction and scheduling
Accruals
System of arrangement
Conditions of access and use area
Conditions governing access
Consulta en sala a todos os investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Conditions governing reproduction
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Language of material
Spanish
Script of material
Latin
Language and script notes
Physical characteristics and technical requirements
Os documentos microfilmados precisan dun lector, que se pon a disposición dos investigadores.
Finding aids
Allied materials area
Existence and location of originals
A propia institución
Existence and location of copies
Arquivo da Emigración Galega - CdC
Related units of description
Notes area
Alternative identifier(s)
Access points
Subject access points
Place access points
Name access points
Genre access points
Description control area
Description identifier
Institution identifier
Rules and/or conventions used
NOGADA
Status
Level of detail
Dates of creation revision deletion
Language(s)
Galician
Script(s)
Latin