Área de identidade
Código(s) de referencia
Título
Data(s)
- 1912 - (Creación)
Nivel de descrición
Extensión e medio
9 regulamentos
Área de contexto
Nome do/a creador/a
Historia administrativa
A primeira directiva desta sociedade estivo constituída por Justo Taladrid Catá, como presidente; Amando Cora, vicepresidente; Jesús Fernández, tesoureiro; Antonio Pernas Corral, vicetesoureiro; Tomás Ramos Riguera, secretario; e como vogais, Silvestre López Veiga, Ramón García Mon, Pedro Pernas, Eusebio Balseiro, Francisco Rodríguez, Antonio Pedreira, Ramón López, Benito Lage, Perfecto Cao, Luis Martínez, Manuel Cabaleiro e Segundo M. Timiraos. Foron socios de honra: José Rubiños, Marino López Blanco, José Soto Reguera e José María Riguera Montero.
Existían delegacións da sociedade nas principais localidades cubanas, como Matanzas, Guanajay, Guanabacoa, Caribarien, Sagua La Grande, Cárdenas, Güira de Melena, Cienfuegos, Santa Clara, Veracruz, Rodas e Pinar del Río; incluso, en 1912, quedou constituída unha delegación desta en Madrid.
Dende a súa fundación tivo como prioridade a creación de escolas en todas as parroquias do partido xudicial de Viveiro, de onde eran naturais a maior parte dos seus socios. Como sociedade de instrución, destacou no conxunto das entidades de emigrantes polo grande apoio económico e social que prestou na súa zona de orixe: custeou os gastos de construción de numerosas escolas, da compra de material docente, dos arranxos de edificios xa existentes ou do mantemento económico dun total de 57 escolas nas 49 parroquias que compoñían o distrito xudicial.
Aínda que esta actividade pro-instrutiva foi prioritaria para a sociedade de 1910 a 1923, tamén tivo outros fins de carácter mutualista e recreativo, segundo consta nos seus estatutos do ano 1911: así, por exemplo, propulsar, fomentar e estreitar a amizade entre todos os viveirenses, os seus descendentes e os cubanos, e prestarlles os auxilios morais e materiais aos que o precisasen. Moitas das súas actividades recreativas servían, ademais de para reunirse e gozar nas festas, para recadar fondos para enviar á súa terra natal.
Xa no ano 1912, a revista «Pro-Galicia», publicada na Habana, informa de diversos envíos da entidade a Galicia para mellorar as infraestruturas da súa comarca natal coa construción e mantemento de obras públicas; ao longo dos anos contribuíron con cartos á construción de estradas como a de Ourol, San Cibrao, A Silvarosa e Río Barba; tamén a ponte de Candamil, os portos de Celeiro, San Cibrao e O Vicedo, etc.
Polo seu labor a prol da educación e do desenvolvemento da súa terra, o 30 de abril de 1919 o Goberno español concedeulle a Cruz de Beneficencia de primeira clase e a honra de pasar a denominarse como Ilustrísima Sociedad Vivero y su Comarca. En 1969 recibiu tamén a Medalla de Oro al Mérito en el Trabajo en España.
Destacou tamén o seu labor publicitario coas edicións das revistas «El Vivariense» e «Vivero en Cuba».
Actualmente esta sociedade segue funcionando, mais como unha entidade mutualista e como centro de reunión dos socios; conserva o seu Panteón social no Cemiterio Colón.
Repositorio
Historia do arquivo
Fonte inmediata de adquisición ou transferencia
Área de contido e estructura
Alcance e contido
Regulamentos sociais e de réxime interno da sociedade "Vivero y su comarca", conservados en formato dixital e impreso:
- Regulamento aprobado en Xunta Xeral o día 09/06/1912 (26 páxinas)
- Regulamento da Sección de Propaganda da sociedade, aprobado en Xunta da Sección o día 12/01/1914 (11 páxinas)
- Regulamento xeral aprobado en Xunta Xeral o día 15/08/1915 (30 páxinas)
- Regulamento xeral aprobado en Xunta Xeral o día 11/11/1922 (27 páxinas)
- Regulamento xeral aprobado en Xunta Xeral o día 19/01/1932 (30 páxinas)
- Regulamento do Comité de Damas, aprobado en Xunta Directiva o día 21/07/1943 e sancionado en Xunta Xeral o 28/07/1943 (10 páxinas)
- Regulamento xeral aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria os días 30/04/1945 e 02/05/1945 (32 páxinas)
- Regulamento xeral aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o día 04/12/1952 (44 páxinas)
- Regulamento xeral aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o día 15/01/1974 (24 páxinas)
Valorización, destrucción e programación
Acumulacións
Aberto a novos ingresos
Sistema de arranxo
Área de condicións de acceso e uso
Condicións que rixen o acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Condicións
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Idioma do material
- Español
Escritura do material
- latino
Notas de lingua e escritura
Características físicas e requerimentos técnicos
Para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se pon a disposición dos investigadores.
Instrumentos de descrición
Área de materiais relacionados
Existencia e ubicación de orixinais
A propia institución
Existencia e localización de copias
Arquivo da Emigración Galega - CdC
Unidades de descrición relacionadas
Área de notas
Identificador(es) alternativo(s)
Puntos de acceso
Materias
Persoas e entidades
- Vivero y su comarca (Tema)
Puntos de acceso xénero/forma
Área de control da descrición
Identificador da descrición
Identificador da institución
Regras e/ou convencións usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Datas de creación revisión eliminación
Creado por Adriana Cousillas o 12/08/2019
Idioma(s)
- galego
Escritura(s)
- latino