Área de identidade
Código(s) de referencia
Título
Data(s)
- 1974 - (Creación)
Nivel de descrición
Extensión e medio
2 regulamentos
Área de contexto
Nome do/a creador/a
Historia administrativa
Esta sociedade foi fundada na Habana polos naturais da comarca do Deza residentes a instancias dunha entidade similar existente na Arxentina. Foi creada co obxectivo fundamental de construír conxuntamente un Hospital-Asilo en Lalín.
O 20 de marzo de 1910, os lalinenses residentes na Habana, aproban a súa creación baixo o nome de "Sociedad de Instrucción, Beneficencia y Recreo Hijos del Partido de Lalín", con sede no Palacio do Centro Gallego de La Habana. O seu comité organizador estaba formado por Cándido Lamas, Manuel Lorenzo e Maximino López. Outros socios fundacionais foron: polo concello de Silleda, Constantino Terxeido, José Ramos, Manuel Rey e Gerardo Pombo; por Lalín, Francisco Souto, Cándido Lamas, Guillermo González, Rosendo Sanmartín, Antonio Iglesias e Manuel Taboada; por Carbia: Manuel Pedreira, José Fernández, Solitario López e Manuel Quintero; pola Golada: Manuel Pallares, Andrés Iglesias, Casimiro Miguélez e José Barrios; polo concello de Rodeiro: Jesús Diéguez, José Meijome, Gumersindo Fernández; por Dozón: Casiano Lorenzo, Daniel Castro, Eladio Calvo e Gumersindo Gómez. Deles saíu a primeira Xunta Directiva baixo a presidencia de Cándido Lamas.
A finalidade da sociedade foi a procura de protección e axuda entre todos os seus asociados, así como a unión dos connaturais do partido xudicial de Lalín residentes na illa.
No ano 1913 os seus esforzos centráronse na financiación da construción do Hospital-Asilo na vila de Lalín.
A partir de 1923 esta sociedade forma parte do "Comité de Sociedades del Partido de Lalín" que estaba integrado ademáis polas seguintes sociedades:"Club Lalín", "Hijos del Ayuntamiento de Rodeiro", "Hijos del Ayuntamiento de la Golada", "Hijos del Ayuntamiento de Silleda".
Na actualidade organizan actividades culturais como cursos de língua galega e teñen un grupo folclórico de baile galego. No ano 1992 contaban cun total de 286 socios dos que o 80 % son galegos ou descendentes de galegos.
A súa presidenta actual é Josefina de la Caridad López González.
Repositorio
Historia do arquivo
Fonte inmediata de adquisición ou transferencia
Área de contido e estructura
Alcance e contido
Regulamentos da sociedade "Hijos del Partido de Lalín", conservados en formato dixital:
- Regulamento aprobado o 04/06/1974 (7 páxinas)
- Regulamento aprobado o 30/10/1993 (10 páxinas)
Valorización, destrucción e programación
Acumulacións
Aberto a novos ingresos
Sistema de arranxo
Área de condicións de acceso e uso
Condicións que rixen o acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Condicións
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Idioma do material
- Español
Escritura do material
- latino
Notas de lingua e escritura
Características físicas e requerimentos técnicos
Para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se pon a disposición dos investigadores.
Instrumentos de descrición
Área de materiais relacionados
Existencia e ubicación de orixinais
A propia institución
Existencia e localización de copias
Arquivo da Emigración Galega - CdC
Unidades de descrición relacionadas
Área de notas
Identificador(es) alternativo(s)
Puntos de acceso
Materias
Lugares
- América » Antillas » Cuba » A Habana
- Europa » España » Galicia » Pontevedra (Provincia) » Lalín
- Europa » España » Galicia » Pontevedra (Provincia) » Deza (Comarca)
- Europa » España » Galicia » Pontevedra (Provincia) » Rodeiro
- Europa » España » Galicia » Pontevedra (Provincia) » A Golada
- Europa » España » Galicia » Pontevedra (Provincia) » Silleda
- Europa » España » Galicia » Pontevedra (Provincia) » Vila de Cruces » Carbia
Persoas e entidades
- Hijos del Partido de Lalín (Tema)
Puntos de acceso xénero/forma
Área de control da descrición
Identificador da descrición
Identificador da institución
Regras e/ou convencións usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Datas de creación revisión eliminación
Creado por Adriana Cousillas o 30/08/2019
Idioma(s)
- galego
Escritura(s)
- latino