Área de identidade
Código(s) de referencia
Título
Data(s)
- 1910-10-01 - (Creación)
Nivel de descrición
Volume e soporte
1 carpeta con libros de contabilidade, libros de rexistro de asistencia, recibos, correspondencia, folletos e documentación sobre o agrarismo do concello de Vedra
1 cartafol con publicacións
Área de contexto
Nome do/a creador/a
Historia administrativa
En 1910 un grupo de conveciños de Vedra, residentes en Buenos Aires, teñen a iniciativa de formar unha entidade que agrupara no seu seo aos conveciños das doce parroquias que compoñen o seu concello natal, coa finalidade de "apoiar moral e materialmente os esforzos dos homes que no lonxano terruño loitaban por emanciparse do prepotente caciquismo reinante".
A reunión tivo lugar na casa dun dos seus máis entusiastas propulsores, Manuel Fernández Castelao, apoiado por José Collazo (primeiro presidente da sociedade), José Cepeda, Manuel Pereiras, Manuel Fernández, José Estévez, Andrés Mosquera, Clemente Fandiño e Andrés López.
O lema desta sociedade agraria, instrutiva e cultural foi "Unión, Protección e Apoio ao Progreso".
Por iniciativa dos socios, a Comisión Directiva resolveu nunha reunión do 13 de outubro de 1911, mercar un terreo na parroquia de Vedra para levantar unha Casa Social, remitindo aos veciños a suma de 600 pesetas para adquirir o solar. Xa estabelecida a sociedade matriz en Vedra, colaboran activamente co sindicato agrario de Vedra, enviando cartos para a compra de abonos, semillas, prantas, sulfatos, azufres e doazóns destinadas a premios para os escolares das parroquias para lograr "o estímulo e elevación cultural del labriego unas veces y para contribuir a mitigar necesidades materiales y humanitarias otras".
En novembro de 1919 comezan unha subscrición para a edificación das pontes de Bazar e Pedreta na parroquia de San Andrés de Trobe e en agosto de 1926, celebran un festival a total beneficio da construción dunha casa-escola en Trobe. Ademais colaboran na construción de varios edificios escolares nas parroquias de San Pedro de Sarandón, Ponte Ulla e San Miguel.
Leva a cabo tamén un importante labor asistencial, dando axudas económicas aos socios, facilitando pasaxes para emigrar sin pago de intereses e tamén para a repatriación en caso de enfermidade.
Polo seu devir como entidade houbo disensións que provocaron o desmembramento da sociedade por parte de grupos de socios naturais dunha determinada parroquia ou tamén de grupos de socios descontentos como os que crearon o "Comité Auxiliar de Agricultores de Vedra" ou posteriormente a "Mutua y Auxiliar de Agricultores de Vedra".
Repositorio
Historia do arquivo
Fonte inmediata de adquisición ou transferencia
Área de contido e estructura
Alcance e contido
Este fondo contén a seguinte documentación conservada en formato papel:
Acta dunha reunión dos veciños de Trobe, pertencentes á sociedade (1925)
Regulamento da Sociedad Agrícola, Ganadera y de Instrucción de Santa Eulalia de Vedra (1911)
Regulamento da Sociedad de Agricultores de Vedra sobre o seguro do gando (1911)
Documentación relativa ás Casas-Escuela:
- Relación dos contribuíntes da suscrición "Pro casa-escuela de Puente Ulla" (1926)
- Fotografía da Casa-Escuela de San Pedro de Sarandón (1934)
- Orzamento de material escolar para escola de nova creación
Actas das Comisións en homenaxe ao socio Telmo Requejo (1963)
Correspondencia
Libro de rexistro de asistencia de socios ás reunións da Comisión Directiva dos anos 1947-1966 (fotocopias)
Libros de contabilidade
Acuses de Recibo
Programa da homaxe da coleitividade galega a Castelao (06 xaneiro 1968) e da concentración patriótica galega (07 xaneiro 1968)
Anuncios de actividades recreativas organizadas pola sociedade
Fotografía da Casa-Escuela de San Pedro de Sarandón (1934)
2 números da revista "Sociedad Residentes del Municipio de Vedra en Buenos Aires"
Valorización, destrucción e programación
Acumulacións
Aberto a novos ingresos
Sistema de arranxo
Área de condicións de acceso e uso
Condicións que rixen o acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Condicións
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Idioma do material
- Español
Escritura do material
- latino
Notas de lingua e escritura
Características físicas e requerimentos técnicos
Instrumentos de descrición
Área de materiais relacionados
Existencia e ubicación de orixinais
A propia institución
Existencia e localización de copias
Arquivo da Emigración Galega - CdC
Unidades de descrición relacionadas
Área de notas
Nota
O 1 de outubro de 1910, os vedrenses residentes en Bos Aires crean unha sociedade baixo o nome de "Residentes del Municipio de Vedra en Sudamérica". O 20 de abril de 1917 esta sociedade fusiónase co "Comité Auxiliar de Residentes de Vedra", dando lugar a unha nova entidade que pasa a denominarse "Sociedad Agrícola Residentes del Municipio de Vedra en Sud-América".
O 9 de abril de 1932 as sociedades "Agrícola Residentes del Municipio de Vedra en Sud-América" e a "Mutua y Auxiliar de Agricultores del Municipio de Vedra en Buenos Aires" fusiónanse e pasan a chamarse "Sociedad Agrícola Residentes del Municipio de Vedra en Buenos Aires".
Nos anos 40 e 50 esta sociedade tamén é denominada como "Sociedad Agrícola, Cultural y Recreativa del Municipio de Vedra en Buenos Aires". A partir de 1970 empregan preferentemente a denominación de "Residentes del Municipio de Vedra"
Nota
Esta documentación é doazón desta entidade e do concello de Vedra
Identificador(es) alternativo(s)
Puntos de acceso / Descritores
Materias
Lugares
Persoas e entidades
Ámbitos de intervención
Área de control da descrición
Identificador da descrición
Identificador da institución
Regras e/ou convencións usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Datas de creación revisión eliminación
Creado por Adriana Cousillas o 25/02/2019
Idioma(s)
- galego
Escritura(s)
- latino