Identity area
Reference code
Title
Date(s)
- 1988-10-19 - (Creation)
Level of description
Extent and medium
1 cartafol con correspondencia
1 cartafol cun boletín societario
Context area
Name of creator
Administrative history
A fundación desta federación orixinouse con motivo de que aalgunhas asociacións galegas na Arxentina non se sentían representadas pola "Federación Gallega de la República Argentina" a quen acusaban de mala administración e dunha ideoloxía partidista. Ademais a FSGA uníronse entidades que non estaban federadas e reclamaban a creación dunha entidade de segundo grao que as representara e loitara polos seus dereitos e necesidades. Tendo en conta que a colectividade galega é moi numerosa pero está moi fragmentada, pensouse na necesidade dunha nova federación que a aglutinara en sí mesma.
Entre as sociedades que forman parte desta entidade están: "Círculo Valle Miñor", "A.B.C. de Corcubión", "Asociación de Carbia", "Hijos del Ayuntamiento de Puerto del Son", "Centro Noia-Rianxo", "Asociación Finisterre en América", "Hijos de Arantes", "Centro Villamarín Perojano", "Residentes de Mos", "Asociación Tuy - Salceda", "Centro Gallego de Avellaneda", "Centro Partido de Carballino", "Unión Residentes de Outes", "Unión Residentes de Dodro", "Asociación Parroquial de Vedra", "Centro Arzuano Mellidense", "Asociación del Ayuntamiento de Palas de Rey", "Asociación de Campo Lameiro", "Hijos del Ayuntamiento de Boiro", "Centro Lalín de Buenos Aires", "Asociación Hogar de Ribadumia", "Casa de Galicia", "Asociación de Ordenes", entre outras.
A súa directiva fundacional estaba integrada por Manuel Quiroga, como presidente; vicepresidente, Albino Táboas Figueroa; secretario, Eduardo García Chorén; prosecretario, Teodoro García; secretario de actas, José Carlos Panteón; tesoureiro, Baltasar González Ares; protesoureiro, Sergio Lorenzo e como vogais: José Creo, Laureano Rodríguez, Generoso Rodríguez e Marcial Sánchez.
Nos seus primeiros estatutos sociais (1988) declaran os seguintes fins como entidade:
"a) propugnar e realizar todas as actividades necesarias para o agrupamento de todas as institucións galegas na Arxentina; b) estimular, fomentar e manter relación de todo orde coa República Arxentina, Galicia e España; c) difundir entre os asociados que a integran toda información que competa a cada un deles como acordos, tratados ou convenios cos gobernos arxentino, español ou galego; d) establecer e manter no país ou no exterior delegacións ou representantes; e) aceptar fondos, bolsas, subvencións e facilidades que proveñan da Xunta; f) patrocinar toda manifestación que exalte os valores da cultura galega e arxentina; g) promover a idea de unidade entre todas as asociacións que a conforman; h) publicar un órgano de difusión que leve a información, reportaxe, nota ou artigo que teña que ver cos seus fins; i) celebrar anualmente o aniversario da fundación e a festividade do Día das Letras Galegas; k) difundir, promover e colaborar en todos os actos que as asociacións integrantes realicen; l) organizar congresos, conferencias, simposios, reunións, xornadas, debates, cursos relacionados coa cultura galega, a emigración ou a inserción; m) promover a creación dunha escola na Arxentina co seu nome; n) labores asistenciais a persoas necesitadas, tamén labores educacionais e de contido cultural; ñ) dar orientación laboral aos emigrantes".
Esta sociedade non só se dedica a facer reunións senon tamén traballa intensamente brindando asesoramento e realizando xestións sobre cidadanía española, informes consulares, pensións, e xubilacións, tramitación de diversa documentación, informar sobre bolsas, programas de axudas, campamentos xuvenís, viaxes, reencontros, etc. e asesoramento previsional.
Realiza ao longo do ano diversas actividades culturais e recreativas: cursos de lingua galega dictados nas diversas entidades que a integran, e tamén ten varios programas radiais. Organiza conferencias e debates coa participación de distinguidas personalidades a cultura de Galicia e da comunidade galega en Arxentina. Organiza tamén exposicións de arte, festexos etc., compartindo as diversas romarías tradicionais nos recreos sociais das institucións federadas.
Ten tamén actividades deportivas, comos torneos de distintas disciplinas deportivas nas sedes sociais das asociacións federadas.
Repository
Archival history
A fundación desta Federación orixinouse con motivo de que as asociacións non se sentían representadas pola Federación Gallega existente neses anos, pola mala administración e porque según eles sustentaba unha ideoloxía partidista. Ademáis a ésta uníronse entidades que non estaban federadas e reclamaban a creación dunha entidade de segundo grao que as representara e loitara polos seus dereitos e necesidades. Tendo en conta que a colectividade galega é moi numerosa pero está moi dispersa necesitaban unha federación que a aglutinara en sí mesma.
Entre as sociedades que forman parte desta federación están:
"Círculo Valle Miñor", "A.B.C. de Corcubión", "Asociación de Carbia", "Hijos del Ayuntamiento de Puerto del Son", "Centro Noia-Rianxo", "Asociación Finisterre en América", "Hijos de Arantes", "Centro Villamarín Perojano", "Residentes de Mos", "Asociación Tuy y Salceda", "Centro Gallego de Avellaneda", "Centro Partido de Carballino", "Unión Residentes de Outes", "Unión Residentes de Dodro", "Asociación Parroquial de Vedra", "Centro Arzuano Mellidense", "Asociación del Ayuntamiento de Palas de Rey", "Asociación de Campo Lameiro", "Hijos del Ayuntamiento de Boiro", "Centro Lalín de Buenos Aires", "Asociación Hogar de Ribadumia", "Casa de Galicia", "Asociación de Ordenes".
Directiva fundacional: presidente, Manuel Quiroga; vicepresidente, Albino Táboas Figueroa; secretario, Eduardo García Chorén; prosecretario, Teodoro García; secretario de actas, José Carlos Panteón; tesoureiro, Baltasar González Ares; protesoureiro, Sergio Lorenzo; vocais: José Creo, Laureano Rodríguez, Generoso Rodríguez, Marcial Sánchez
Estatutos 1988: Fines:
a) propugnar e realizar todas as actividades necesarias para o agrupamento de todas as institucións galegas na Arxentina
b) estimular, fomentar e manter relación de todo orde coa República Arxentina, Galicia e España
c) difundir entre os asociados que a integran toda información que competa a cada un deles como acordos, tratados ou convenios cos gobernos arxentino, español ou galego.
d) establecer e manter no país ou no exterior delegacións ou representantes
e) aceptar fondos, bolsas, subvencións e facilidades que proveñan da Xunta
f) patrocinar toda manifestación que exalte os valores da cultura galega e arxentina
g) promover a idea de unidade entre todas as asociacións que a conforman
h) publicar un órgano de difusión que leve a información, reportaxe, nota ou artigo que teña que ver cos seus fins
i) celebrar anualmente o aniversario da fundación e a festividade do Día das Letras Galegas
k) difundir, promover e colaborar en todos os actos que as asociacións integrantes realicen
l) organizar congresos, conferencias, simposios, reunións, xornadas, debates, cursos relacionados coa cultura galega, a emigración ou a inserción
ll) promover a creación dunha escola na Arxentina co seu nome
m) labores asistenciais a persoas necesitadas, tamén labores educacionais e de contido cultural
n) dar orientación laboral aos emigrantes
A Sociedade non só se dedica a facer reunións senon tamén traballa intensamente brindando asesoramento e realizando xestións sobre ciudadanía e partidas españolas, informes consulares, pensións, e xubilacións, tramitar D.N.I. para extranxeiros, informar sobre bolsas, programas de axudas, campamentos xuvenís, viaxes, reencontros e asesoramento previsional.
Actividades culturais e recreativas: participan nos cursos de lingua galega dictados nas diversas entidades, en programas radiais. Dictan conferencias e debates coa participación de distinguidas personalidades a cultura de Galicia e da comunidade galega en Arxentina. Organizan exposicións de arte, festexos etc. Comparten as romarías tradicionais nos recreos sociais das institucións federadas.
Actividades deportivas: comparten os torneos de distintas disciplinas deportivas nas sedes sociais das asociacións federadas. En 1998 estaban a organizar un torneo intersocietario de xogos de salón a realizarse en forma rotativa nas distintas sedes das institucións federadas.
Immediate source of acquisition or transfer
Content and structure area
Scope and content
Este fondo consta da seguinte documentación conservada en formato papel:
- Correspondencia dos anos 1996, 1998 e 2007
- Boletín "Irmáns" dos anos 1996, 1998, 2000, 2002 e 2006
Appraisal, destruction and scheduling
Accruals
Aberto a novos ingresos
System of arrangement
Conditions of access and use area
Conditions governing access
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Conditions governing reproduction
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Language of material
Spanish
Script of material
Latin
Language and script notes
Physical characteristics and technical requirements
Finding aids
NOGADA
Allied materials area
Existence and location of originals
Hogar Gallego para Ancianos
Existence and location of copies
Arquivo da Emigración Galega - CdC
Related units of description
Notes area
Alternative identifier(s)
Access points
Subject access points
Place access points
Name access points
Genre access points
Description control area
Description identifier
Institution identifier
Rules and/or conventions used
NOGADA
Status
Level of detail
Dates of creation revision deletion
Creado por Adriana Cousillas o 07/02/2019
Language(s)
Galician
Script(s)
Latin